Pel para robots e próteses



Investigadores da Universidade de Washington e da Universidade de California desenvolveron un sensor flexible deseñado para ser implantado en robots e próteses robóticas. Coa implantación do novo sensor, estas máquinas poderán ser capaces de imitar o funcionamento e sensibilidade da pel humana.
O obxectivo principal coa creación desta pel artificial é mellorar o funcionamento dos robots e próteses á hora de agarrar e manipular obxectos. A pel artificial co sensor obtén todos estes datos cunha "precisión e sensibilidade similar á pel humana", tal como aseguran os investigadores. Grazas a isto, os robots nos que se implanta o sensor poderían facer as súas tarefas de forma máis delicada, xa sexa desde desactivar bombas ata realizar cirurxías.
Este sensor elástico está feito da mesma goma que se usa nas xafas de natación, a goma contén varios cables que ocupan a metade do ancho de un pelo de ser humano pola que circula un condutor de líquido metálico da electricidade.
Cando un robot ou unha prótesis con este sensor pasa o seu dedo sobre unha superficie, estes cables estirarán nun dos lados do lugar que ocupa o dedo e comprimidos no outro, imitando o funcionamento dun dedo humano.

Comentarios